Wednesday, March 25, 2009

Wednesday, December 10, 2008

Os Ancares Bercianos



Os Ancares Bercianos (tamén coñecidos, anteriormente, como os Ancares Leoneses), é como se denomina ao conxunto de vales inmediatos á Sierra de Ancares situados dentro da comarca do Bierzo, (provincia de León, Comunidade Autónoma de Castilla e León, España).
Situados ao oeste e ao noroeste da rexión natural do Bierzo, son vales de montaña.
Percórreno os ríos Ancares (e os seus afluentes o río Cuiña e o Miravalles, Burbia e Cúa. Ríos trucheros.
Os cumes alcanzan casí os 2.000 msnm. Destacar o Píco Miravalles (1.969 msnm) e o Pico Cuiña (1.987 msnm). O Pico Tres Bispos (1.795 msnm) reúne unha condición especial: no seu pico divídense as diocesis de tres bispos (o de Astorga, o de Lugo e o de Oviedo).
Geomorfológicamente os materiais que forman os vales son pizarra, cuarcita e granito.
Foi nomeada, recientemente, Reserva da Biosfera.
Hai gran abundancia de castiñeiros, haxas, carballos, tejos, acebos, alisos, abedules, capudre, avellano e chopos, entre as árbores.
Abundan o corzo e o jabalí, entre as especies máis grandes xunto coa fauna habitual do noroeste español. A poboación de lobos, abundante no pasado, volveu a recuperarse. Aínda poden observarse urogallos, ciervos, ginetas, raposas, e ata gatos monteses e algún oso. Os seus ríos trucheros teñen gran fama entre os pescadores.
Sobresale unha construción tipica que é a palloza.
Fontes:

Internet: http://es.wikipedia.org/wiki/Los_Ancares_Bercianos

Monday, December 1, 2008

O Castro de Chano



O Castro de Chano atópase situado o val de Fornela, dentro do parque natural de Ancares. Nel pódese atopar os restos dun antigo poboado pertencente á cultura castrexa do noroeste. Consta de 16 edificacións de forma circular construídas con pedras de lousa, con muros de até 4 metros, e unha anchura de 60 centímetros. Cada edificación estaba dividida en habitacións mediante pequenas elevacións ou espazos abertos. No centro de cada unha atopábase un vasar sobre o que se apoiaba o poste de sujeción da cuberta.
Fontes:

Friday, November 14, 2008

O Castelo Templario


O castelo de Ponferrada atópase situado nun outeiro que domina o río Sil desde 60 metros de altura, ao borde dunha meseta, no municipio de Ponferrada, provincia de León. Ocupa unha extensión de 8.000 metros cadrados. Atópase no cruce do Camiño de Santiago entre León e Villafranca.
O castelo de Ponferrada foi orixinariamente un castro preromano e despois unha cidadela romana que asolada no século IX, foi desde o XI reconstruida e fortificada.

Considérase un dos castelos máis representativos da vida do Temple e un dos modelos da arquitectura militar de máis fermosa silueta. Consta dun gran recinto poligonal con dobres e triples defensas formando barbacanas, torres, estancias e un gran patio baixo ou albacar.
Está realizado con diversos materiais como tapial, muro de cal e canto, mampostería, sillería, etc...
É propiedade do Concello de Ponferrada, e destinase a usos culturais e recreativos, e ás visitas turísticas.

Fontes:

Tuesday, November 11, 2008

As Médulas


As Médulas, situadas xunto ao pobo do mesmo nome, atópanse enclavadas na Comarca do Bierzo, na provincia de León, é un entorno formado polos restos dunha antigua explotación mineira de ouro da época romana.

O enorme traballo de inxeniería realizado para a extracción do mineral supuxo unha gran destrucción do medio ambiente, pero deu como resultado unha paisaxe grandiosa e espectacular de terras vermellas, perfectamente integrado coa vexetación de castiñeiros e robres, que foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1997.
Fontes:

Monday, October 27, 2008

A comarca do Bierzo




O Bierzo é unha comarca de Castilla e León situada na Provincia de León. A súa capital, como centro administrativo, é o municipio de Ponferrada.
A comarca do Bierzo é a única que se atopa recoñecida por lei no terriotorio de Castilla e León. A sé do Consello Comarcal está en Ponferrada. Comprende 38 municipios.
Limita ao leste e ao sur con León, polo norte con Asturias, e polo oeste con Galicia. O máis característico da comarca, se miramos a súa orografía, é a súa forma característica de olla, derivada por estar rodeada por montañas e cunha altura máxima que rolda os 2.000 metros de altura.
A lingua predominante é o castelán, pero con importantes influencias do galego e do leonés. O uso do galego e do leonés no uso cotián ten sortes dispares, aínda que ambos gozaron dunha recente revitalización a través do labor de distintas asociacións que promoven o seu uso e estudo, sendo, o galego o máis favorecido .