Monday, October 27, 2008

A comarca do Bierzo




O Bierzo é unha comarca de Castilla e León situada na Provincia de León. A súa capital, como centro administrativo, é o municipio de Ponferrada.
A comarca do Bierzo é a única que se atopa recoñecida por lei no terriotorio de Castilla e León. A sé do Consello Comarcal está en Ponferrada. Comprende 38 municipios.
Limita ao leste e ao sur con León, polo norte con Asturias, e polo oeste con Galicia. O máis característico da comarca, se miramos a súa orografía, é a súa forma característica de olla, derivada por estar rodeada por montañas e cunha altura máxima que rolda os 2.000 metros de altura.
A lingua predominante é o castelán, pero con importantes influencias do galego e do leonés. O uso do galego e do leonés no uso cotián ten sortes dispares, aínda que ambos gozaron dunha recente revitalización a través do labor de distintas asociacións que promoven o seu uso e estudo, sendo, o galego o máis favorecido .

    No comments: