Friday, November 14, 2008

O Castelo Templario


O castelo de Ponferrada atópase situado nun outeiro que domina o río Sil desde 60 metros de altura, ao borde dunha meseta, no municipio de Ponferrada, provincia de León. Ocupa unha extensión de 8.000 metros cadrados. Atópase no cruce do Camiño de Santiago entre León e Villafranca.
O castelo de Ponferrada foi orixinariamente un castro preromano e despois unha cidadela romana que asolada no século IX, foi desde o XI reconstruida e fortificada.

Considérase un dos castelos máis representativos da vida do Temple e un dos modelos da arquitectura militar de máis fermosa silueta. Consta dun gran recinto poligonal con dobres e triples defensas formando barbacanas, torres, estancias e un gran patio baixo ou albacar.
Está realizado con diversos materiais como tapial, muro de cal e canto, mampostería, sillería, etc...
É propiedade do Concello de Ponferrada, e destinase a usos culturais e recreativos, e ás visitas turísticas.

Fontes:

No comments: